Hoxe traémosvos unha proposta un pouquiño distinta. E saímos do instituto.
Moitos xa coñeceredes o Reto Lector que propón cada ano a Biblioteca Municipal Rivera Rouco.Desde Matematicuz queremos poñer o noso gran de area en apoio desta interesante iniciativa. Para iso, presentamos unha lista de libros relacionados (uns máis e outros menos) coas matemáticas e a tecnoloxía que podedes atopar na biblioteca e encaixan nalgunha das categorías propostas. Non vos asustedes, non son libros de texto para estudar.
Propostas para o Reto Lector Infantil.
Propostas para o Reto Lector de Adulto.
Ide sacar o voso carné de lector/a, se non o tedes xa, e a ler.
E non esquezades que tamén podedes gañar un libro no I Concurso de Microrrelatos Matematicuz ata o 7 de marzo.
Non deixedes de visitarnos. Ata pronto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario