Esta semana o alumnado de 3º e 4º da ESO tivo traballo extra.
Tocou saír tomar medidas.
Aproveitamos estes días solleiros para saír ao patio facer traballo de campo.
A rapazada puido poñer en práctica os seus novos coñecementos de xeometría, experimentando por si mesma a utilidade do uso de triángulos para o cálculo de alturas difíciles de medir a man.
Usaron triángulos en posición de Tales usándose a si mesmos como referencia.
Usaron a reflexión de espellos para a construción de triángulos semellantes.
Aproveitaron a proporcionalidade das sombras.
E ata construíron os seus propios clinómetros caseiros para tomar medidas angulares.
E con todas as medidas tomadas queda a parte máis árida, os cálculos. Cálculos que lles permitirán saber canto mide de alto o seu instituto, os talleres, o pavillón polideportivo ou as canastras.
Pronto máis propostas e máis actividades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario