Comeza a cuarta edición do voso Calendario de Advento Matemático, este ano dedicado ao cine. Con el imos descontar os días que quedan para marchar ao merecido descanso invernal.
Como cada ano ides ter un pequeno enigma para resolver, todos os días lectivos do mes de decembro.Neste blog irán aparecendo cada mañá enigmas para que investiguedes un pouco. Despois teredes que introducir a resposta no curso Matematicuz de Edixgal e.... a sumar puntos!
Lembrade que cantos máis enigmas resolvades máis puntos
acumularedes e máis posibilidades teredes de conseguir o premio aos/ás
mellores detectives!
O día 20 haberá un agasallo para @s mellores detectives matemátic@s. Ánimo e sorte.
A continuación o primeiro enigma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario