10 de diciembre de 2024

Calendario de Advento 2024. Día 11.

Falabamos onte de Alan Turing, o pai dos ordenadores modernos e dun científicos máis importantes do século XX.

Aínda que a día de hoxe soe estraño, foi condenado no Reino Unido por ser homosexual (indecencia grave e perversión sexual lle chamaban), algo que foi delito ata 1967 en Inglaterra e Gales. Noutros lugares de Reino Unido seguiuno sendo ata 1982!! Finalmente o mundo avanzou e as mentes tamén. No ano 2013 a raíña Isabel indultou a Alan Turing do seu "delito", pero xa levaba morto 59 anos (bastantes máis dos que viviu).

Non imos deixar o traballo deste home e volvemos á súa Enigma.


Introducide a resposta, de novo, no Edixgal do centro.

Ánimo e sorte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario