Os catro matemáticos de onte estaban pechados en "A habitación de Fermat".
Pierre de Fermat fíxose famoso polo seu traballo matemático, pero tamén polas afirmacións que facía e non demostraba. A maioría foi sendo demostrada por outros matemáticos. O último teorema de Fermat quedou escrito na marxe dun libro coa observación de que obtivera unha demostración fermosa, pero que non collía naquela marxe. Máis de 300 anos despois foi demostrada por Andrew Wiles, que botou traballando nela 7 anos, en segredo. E despois de presentala ao mundo descubriuse que tiña un erro! Afortunadamente conseguiu arranxalo uns meses despois. 129 folios ten a demostración. Non é lectura para calquera.
Hoxe volvemos á realidade. Máis ben ós filmes baseados en historias reais, neste caso na vida e obra doutro grande matemático.
Ánimo e sorte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario