19 de mayo de 2023

Roteiro matemático

 O pasado xoves o alumnado de 3ºESO desfrutou dunha mañá especial, na que as clases saíron de paseo.

 

Os departamentos de Matemáticas, Educación Física e Bioloxía xuntáronse para deseñar unha actividade na que se mesturaron todas as materias.

 

O roteiro, duns 9 quilómetros, comezou coa saída do instituto ata a famosa Ponte de García Rodríguez (ou dos Ferros). Alí comezou o traballo matemático, no que a rapazada, armada de móbiles e cinta métrica, tivo que calcular a superficie empedrada na ponte ou o peso dos bancos de pedra da praza da igrexa.

 

 


A ruta seguiu despois a carón do Muíño de Alende ata a Fraga de dona Rita e a estatura de Rivera Corral, coñecendo datos curiosos da vila. 

 

Logo desfrutaron dun paseo relaxante ata o encoro da Ribeira.

 

E despois de cruzar á outra beira do río comezou a observación do medio natural.

 

Seguiron camiñando ao norte, á beira do encoro, ata o Rego do Inferno coñecendo algúns un novo atractivo do seu concello.

 

E, mentres camiñaban, examinaban a contorna para completar un divertido bingo no que debían usar os seus sentidos para buscar plantas aromáticas, animais predadores e moito máis...

Ao final da mañá as caras eran de cansazo e satisfacción.


Repetiremos seguro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario