Na mañá de hoxe celebrouse a fase de zona da Olimpíada Matemática que organiza Agapema para o alumnado do 2º curso de ESO.
A nosa valente Naiara V. viaxou ata o IES Canido para se enfrontar ás cinco cuestións da proba.
Dende o proxecto Matematicuz e todo o centro dámoslle a nosa noraboa pola súa participación. Agora só queda esperar os resultados... Pero xa é unha campiona para todas e todos nós.
Moita sorte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario