Achégase marzo, o mes de pi, un mes moi matemático. E chegan novos concursos ao Castro da Uz.
Hoxe presentamos o primeiro: Un concurso de fotografía matemática.
Porque as matemáticas podedes atopalas en todas partes e a beleza case sempre leva no seu interior unha alma matemática.Mantede alerta ese ollar matemático no voso quefacer diario e atoparedes moreas de grandes momentos que conxelar coas vosas cámaras.
Tendes ata o Día de Ⲡ, o 14 de marzo, para enviardes as vosas imaxes e serdes potenciais gañadores/as.
A continuación tendes as bases e requisitos para participar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario