8 de enero de 2023

Comeza o novo ano!!

Retomamos o curso no novo ano felicitando a Laura e Noa, gañadoras do Concurso de Advento. 

Moitas grazas a todas as persoas que participastes día a día ou por momentos. Seguide co mesmo ánimo. Queda moito curso e moito concurso. A por todas!

E neste comezo de ano, no que temos que mudar de calendario, traemos de novo as propostas (todas de balde) de Matematicuz para que podades imprimir un bonito e interesante calendario para o voso cuarto.  

  • Calendario Científico Escolar. Cargadiño de efemérides científicas. Para descargar en galego, castelán, árabe, ...
  • Calendario Mulleres do Pasado. Por sexto ano consecutivo o proxecto PastWomen agasállanos con este precioso calendario de Historia. Podes descargalo na páxina do proxecto, de momento só en castelán.
  •  Calendario Tempo de Mulleres, Mulleres no Tempo. Este ano dedicado ás Artistas visuais. Para descargar en galego, castelán, asturianu, ...
  • Calendario de Don Pardino. Na páxina do Profesor don Pardino tendes este agasallo de calendario con consellos ortográficos da lingua castelá.

Non dubidedes en ampliar esta listaxe coas vosas propias propostas nos comentarios.



No hay comentarios:

Publicar un comentario