7 de abril de 2022

Explícoche matemáticas 2.0

Hoxe estamos orgullosas de vos mostrar o traballo que dúas alumnas de 3º da ESO presentaron ao concurso Explícoche Matemáticas 2.0 organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

O obxectivo deste concurso é promover o uso da lingua galega como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.

As nosas alumnas aproveitaron o aprendido durante as prácticas realizadas na clase para crearen este vídeo. 

Desfrutádeo e dádelle os vosos "likes", que ben os merece.



 

PARABÉNS POLO BO TRABALLO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario