5 de abril de 2022

Esculcando Matemáticas

A piques de que vos tomedes un ben merecido descanso, presentámosvos un novo concurso.

Esta vez deixamos a literatura e pasamos ás imaxes, esas que disque valen máis que mil palabras.

Si, exacto, é un concurso de fotografía, de fotografía matemática. Porque as matemáticas podedes atopalas en todas partes e a beleza case sempre leva no seu interior unha alma matemática.

Mantede alerta ese ollar matemático no voso quefacer diario e atoparedes ducias de grandes momentos que conxelar nas vosas cámaras.

Tendes ata o día 8 de maio para enviardes as vosas imaxes e serdes potenciais gañadores/as.

A continuación tendes as bases e requisitos para participar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario