29 de noviembre de 2021

Calendario de Advento

Calendario de advento
Os que cursades relixión xa houbestes escoitar estes días falar do tempo de Advento. 
Pero os calendarios de advento xa non son somentes patrimonio relixioso. De seguro que moitos tendes un calendario con chocolates para contar os días que quedan para o día de Noiteboa. 

Desde Matematicuz querémosvos presentar o noso propio calendario de advento para ir descontando os días que quedan para as vacacións de Nadal. Cada día lectivo ata entón ides ter (a falta de chocolate) un enigma para resolver.

Neste blog irán aparecendo cada mañá enigmas para que investiguedes un pouco. Despois teredes que introducir a resposta na aula virtual e.... a sumar puntos! Para introducir as vosas respostas debedes entrar no curso Matematicuz.

Á volta das vacacións haberá un agasallo para @s mellores detectives matemátic@s.

Animádevos a participar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario