29 de septiembre de 2021

Benvidas e benvidos ao proxecto MatematicUZ

Arrincamos este novo proxecto dándovos a benvida a todos. Empezamos coa intención e a ilusión de axudarvos a vos achegar ás matemáticas desde unha visión pouco habitual, sen medo e con cariño.

Esperamos a vosa participación neste proxecto, dentro das aulas e fóra, porque sen todas e todos vós o proxecto está baleiro. Este blog que estreamos será o medio para vos informar de todas as actividades que se levan a cabo. Tamén será o medio para publicar informacións e novas relacionadas coa matemática.

Hoxe, para comezar, deixamos unha interesante entrevista ao novo Premio Nacional de Estatística: Wenceslao González, catedrático na facultade de Matemáticas da USC.

Wenceslao González: «Calquera mecanismo de progreso vai necesitar das matemáticas».

No hay comentarios:

Publicar un comentario