19 decembro 2025

Final do Calendario de Advento 2025.

Boas!

Remata o trimestre e poñemos fin ao Calendario de advento 2025.

Hoxe toca felicitar á persoa gañadora e a todas as participantes. Grazas polo voso interese e polo esforzo en ir resolvendo as cuestións nestes días.

Parabéns a todas as participantes, especialmente a quen estivo aí cada día, pendente das cuestións. Unha vez máis, a perseveranza dá os seus froitos e a constancia decide a gañadora. 

Pero tamén é de recibo parabenizar aos que comezaron tarde, pero con gañas e sen fallar ningunha. O vindeiro curso lembrade comezar co mes e seguro que o éxito chega.

Os resultados ás doce, xunto ao veredicto do concurso de portas de Nadal.

Desfrutade do descanso. Á volta do Nadal seguiremos con outros proxectos nos que desfrutar das matemáticas.

Boas festas!!

Ata o vindeiro ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario