15 decembro 2025

Calendario de Advento 2025. Día 15.

Comezamos a semana lembrando ao matemático húngaro polo que preguntabamos o venres.

Trátase de Paul Erdös. 

Foi o matemático máis prolífico en publicacións, con máis de 1500 artigos e uns 500 colaboradores. E desa cantidade de publicacións xorde o Número de Erdös, que serve para indicar a distancia dun científico ata Erdös por colaboracións en artigos publicados. Teñen o número 1 os que colaboraron directamente con Erdös. Teñen o número 2 os que colaboraron con algún colaborador directo.

Pero non preguntabamos por este número, senón polo número que se asocia habitualmente con este. Trátase dun número similar que mide a distancia de actores ata chegar a Kevin Bacon. Xuntos forman o Número Erdös-Bacon. 

E xa que chegamos aos Estados Unidos, recollamos alí unha preguntiña. 


Para responder vai á plataforma EVA-Edixgal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario