Ola.
Onte preguntabamos polo concurso do Canguro Matemático, no que varios de vós participastes no curso pasado.
E cantos puntos se poden acadar? Tres puntos por cada unha das primeiras 10 preguntas. Catro puntos por cada una das 10 seguintes e 5 por cada unha das dez últimas. Ademais, todos os participantes comezan con 30 puntos. Todo xunto suma 150 puntos.
Lembra que ata o día 16 podes falar co teu profesor/a de Matemáticas para apuntarte á edición de 2026. Agasallo para todas as participantes e a posibilidade de levar o gran premio.
Co gran premio, e guiadas polas lendas, seguimos cos enigmas.
Para responder vai á plataforma EVA-Edixgal.

Ningún comentario:
Publicar un comentario