26 de junio de 2025

Polos de despedida.

Rematamos o curso cunha semana de traballo con Polos. Pero non eses polos fríos (que boa falta nos farían, senón cos Polos Creativos.

Durante as últimas semanas, o alumnado de 4ºESO estivo a traballar os movementos no plano e a súa relación coas teselacións que permiten cubrir o plano por completo con pezas idénticas.

E lanzáronse a emular a Escher, ou intentárono, que Escher foi moito Escher.

Partindo de polígonos sinxelos (rectángulos) e xogando coas traslacións e os xiros, deixaron voar a súa imaxinación para crear teselas de formas diversas que cubren o plano por completo.

 

 

 

Deseñando primeiro en papel, pasando o deseño a un programa informático e, finalmente, creando coa cortadora láser conseguimos crebacabezas orixinais e individualizados. Ao final puideron levar as súas creacións, que non todo van ser notas.

No vindeiro curso seguiremos con vellas e novas actividades.

Non deixedes de seguirnos e, por que non?, de facer as vosas propostas.

Ata setembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario