19 de mayo de 2025

Roteiro matemático polas Pontes

O pasado 9 de maio o alumnado de 3ºESO desfrutou dunha mañá especial paseando pola nosa vila.

 

Os departamentos de Matemáticas e Educación Física xuntáronse para deseñar, un curso máis, unha actividade na que se mesturaron ambas materias.

 

O roteiro, duns 9 quilómetros, comezou coa saída do instituto ata a famosa Ponte de García Rodríguez (máis coñecida coma dos Ferros). Alí comezou o traballo matemático, no que a rapazada, armada de móbiles e cinta métrica, tivo que calcular a superficie empedrada na ponte ou a capacidade do píos do cruceiro da praza da igrexa.

 

 

A ruta decorreu despois a carón do río ata o Parque do Eume (A Fraga) e a estatura de Rivera Corral, coñecendo datos curiosos da vila. 

 

Logo desfrutaron dun paseo relaxante ata o encoro da Ribeira.


 

E despois de cruzar á outra beira do río comezou a hora do medio natural.

 

Seguiron camiñando ao norte, á beira do encoro, ata o Rego dos Porcos coñecendo algúns un novo atractivo do seu concello.

 

Ao final da mañá as caras eran de cansazo e satisfacción.


Esperando á vindeira camiñada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario