Na mañá de hoxe tivemos unha cita moi especial. Cun canguro!!
Os nosos canguriños e canguriñas intentaron responder durante 75 minutos ás 30 preguntas do concurso con afán e ilusión. Agora só queda esperar a ter boas novas. Co traballo xa feito, desexámoslles a todas e todos uns bos resultados. E, sobre todo, que tiveran unha boa experiencia e se animen a repetir o vindeiro curso.
Pronto teremos máis historias por aquí.
Non nos perdades de vista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario