Boas.
Hoxe queremos presentarvos dúas actividades de Agapema (Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas).
MATEMÁTICAS NA RÚA.Unha pequena festa de matemáticas na que tocar as matemáticas, manipular e xogar. Altamente recomendable. Este ano celébrase na Praza Maior de Lugo, o domingo 16 de marzo entre as 11 e as 14 horas.
Toda unha feira chea de matemáticas. Celébrase, como cada ano, no Pa
villón PALEXCO da Coruña. Este ano o sábado 22 de marzo, entre as 11 e as 20 horas (cun pequeno descanso ao mediodía).
Poderedes desfrutar dunha chea de stands capitaneados por alumnado de diversos centros de Galicia, asociacións, universidades etc.
Ao remate farase a entrega de premios dos concursos que convocan cada ano.
Anímadevos a participar en calquera deles. Ademais dos premios do xurado, podedes gañar o premio de votación popular.
Non perdades tampouco a oportunidade de visitar calquera das dúas actividades, non vos ides arrepentir.