19 de diciembre de 2024

Fin do Calendario de Advento 2024.

Boas!

Co fin do trimestre poñemos fin ao Calendario de advento 2024.

Hoxe toca felicitar ás persoas gañadoras e a todas as participantes. Grazas polo voso interese e polo esforzo en ir resolvendo as cuestións nestes días.

Parabéns a todas as participantes, especialmente a quen estivo aí cada día, pendente das cuestións. Unha vez máis, a perseveranza dá os seus froitos e a constancia decide a gañadora.

Os resultados ás doce, xunto ao veredicto do concurso de portas de Nadal.

Desfrutade do descanso. Á volta do Nadal seguiremos con outros proxectos nos que desfrutar das matemáticas.

Boas festas!!

Ata o vindeiro ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario