Soe contarse como lenda urbana sen nomes para animar á xente a non desfalecer ante as dificultades, pero é un feito atribuído a George Dantzig.
Cando estudaba o doutorado en Berkeley chegou tarde a unha de tantas clases e a aula xa estaba baleira. Atopou dous problemas no encerado e copiounos pensando que eran tarefas para a casa. Na seguinte clase entregounos resoltos, descubrindo que se trataba de dous exemplos de problemas que aínda estaban sen resolver. A súa traxectoria seguiu igual de ben e acabou sendo un experto en programación lineal, disciplina na que desenvolveu o Método Simplex para optimizar solucións.
No enigma de hoxe retornamos ás historias baseadas na realidade. E ademais achegámonos xeograficamente, que xa está ben de andar polo outro lado do océano.
Introducide a resposta, de novo, no Edixgal do centro.
Ánimo e sorte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario