No filme Figuras Ocultas nárranse as vivencias dun grupo de mulleres negras que foi fundamental para o primeiro voo orbital arredor da Terra dun estadounidense.
A cuestión de onte era sobre este tema: os voos espaciais e o ser humano orbitando a Terra. A primeira persoa en facelo foi o soviético Yuri Gagarin. Pero nós preguntabamos pola primeira muller en orbitar a Terra. E esa foi a tamén soviética Valentina Tereshkova, en xuño de 1964. A día de hoxe segue a ser a única muller en facer unha viaxe espacial en solitario.
Máis de tres anos antes que Gagarin, o primeiro ser vivo en viaxar ao espacio desde a Terra foi a inesquecible Laika. Fíxoo na Sputnik2. E foi o voo da Sputnik1 o que inspirou ao protagonista da pregunta de hoxe.
Introducide a resposta, de novo, no Edixgal do centro.
Ánimo e sorte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario