4 de marzo de 2024

III Esculcando matemáticas

Presentamos hoxe un novo concurso de fotografía.

Unha imaxe vale máis que mil palabras, e máis se é matemática.

Chega o III concurso de fotografía matemática "Esculcando matemáticas". Porque as matemáticas podedes atopalas en todas partes e a beleza case sempre leva no seu interior unha alma matemática.

Mantede alerta ese ollar matemático no voso quefacer diario e atoparedes ducias de grandes momentos que conxelar nas vosas cámaras.

Tendes ata o día 15 de abril para enviardes as vosas imaxes e serdes potenciais gañadores/as.

A continuación tendes as bases e requisitos para participar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario