4 de diciembre de 2023

Calendario de Advento. Día 5.

Onte falabamos no noso enigma de Juan Jacobo Durán Loriga, importante matemático coruñés.

Durán Loriga relacionábase con moitos matemáticos de fóra do estado español, razón pola cal se interesou por unha lingua proxectada como universal: o esperanto. Chegou a ser membro da directiva da Sociedade esperantista da Coruña.

E despois desta curiosidade, non nos desviamos moito do camiño e seguimos con outra matemática galega de renome.


Non deixes de participar e introduce a túa resposta na Aula Virtual.

Sorte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario