Boas!
A matemática pola que preguntabamos onte era Katherine Johnson, calculadora humana da NASA.
Entrou na universidade aos 15 anos e aos 18 era graduada en matemáticas e francés. Na NASA calculaba as traxectorias de naves espaciais e, cando empezaron a usarse os ordenadores, ela supervisaba os cálculos. No 2016 rodouse a película "Figuras ocultas" (baseada no libro homónimo) sobre a súa historia e a de outras compañeiras afroamericanas na NASA. Un ano despois, xa con 98 anos, foi homenaxeada durante a gala dos premios Oscar polas actrices da película e o resto do público.
Que outras curiosidades garda a NASA?
Como sempre, as vosas respostas na Aula Virtual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario