21 decembro 2023

Final do Calendario de Advento.

Bo día. 

Chegamos ao final. Hoxe é a entrega de premios para a persoa gañadora do noso Calendario de Advento.

20 decembro 2023

Calendario de Advento. Día 20.

Boas.

A árbore de onte tiña un valor de 8. Foi doado, non si?

19 decembro 2023

Calendario de Advento. Día 19.

Moi bo día.

Se non o sabiades, xa o sabedes. Non hai desculpa posible, ide á biblioteca e collede algún dos libros do noso grande, enorme, Juan Iglesias.

18 decembro 2023

Calendario de Advento. Día 18.

Boas.

Seis segundos, seis, foron os que levaron a M.C. ao primeiro posto do podio na Milla de Caranza.

15 decembro 2023

Calendario de Advento. Día 15.

Boas.

Seguro que non foi difícil descubrir que a nave desaparecida foi a Mars Climate Orbiter, que desapareceu chegando a Marte en 1999.

14 decembro 2023

Calendario de Advento. Día 14.

Boas!

A matemática pola que preguntabamos onte era Katherine Johnson, calculadora humana da NASA.

13 decembro 2023

12 decembro 2023

Calendario de Advento. Día 12.

Atopaches o nome do noso cura astrónomo? Era Ramón María Aller Ulloa, que construíu o seu primeiro observatorio astronómico na súa vila natal de Lalín.

11 decembro 2023

Calendario de Advento. Día 11.

A nosa última protagonista foi Antonia Ferrín Moreiras, a primeira astrónoma galega.

05 decembro 2023

Calendario de Advento. Día 5.

Onte falabamos no noso enigma de Juan Jacobo Durán Loriga, importante matemático coruñés.

04 decembro 2023

Calendario de Advento. Día 4.

Segundo día de Calendario de Advento e primeira resposta. A protagonista pola que preguntabamos o pasado venres é ...

01 decembro 2023

Calendario de Advento. Día 1.

Estreamos as publicacións deste ano coa terceira edición do voso Calendario de Advento Matemático. Con el imos descontar os días que quedan para marchar ao merecido descanso invernal.