13 de diciembre de 2022

Advento 2022. Día 14.

Onte buscabamos información sobre Mischa Cotlar, nacido na Ucraína hai 110 anos.

Cotlar emigrou a América de pícaro cos pais, debido á situación política na súa terra. Entre Suramérica e os Estados Unidos construíu unha vida dedicada ás matemáticas. Pero a súa militancia pacifista obrigouno a exiliarse varias veces ao longo da súa vida. 

Impartiu clases en varias universidades de ata catro países. A última en ter a honra de desfrutalo como profesor foi a Universidade Central de Venezuela, país ao que marchou pola complicada situación política da Arxentina dos anos 70.

A continuación tes o perfecto enigma de hoxe. Lembra deixar a túa resposta na Aula Virtual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario