Kurt Gödel. Así se chamaba a personaxe do noso último enigma.
Gödel deu volta á lóxica matemática, probando que en matemáticas había cousas certas imposibles de probar matematicamente.
Curiosamente a súa mente xogoulle unha mala pasada. O medo a ser envelenado impedíalle comer nada que non fose preparado pola súa esposa. Pero ela enfermou e foi hospitalizada por un tempo, suficiente para que Gödel morrese de fame. Isto ocorreu en Princeton, onde formaba parte do Instituto de Estudos Avanzados, un clube de intelectuais no que a única ocupación é pensar.
A continuación tes o novo enigma de hoxe. Lembra deixar a túa resposta na Aula Virtual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario