O matemático do que falabamos na pregunta de onte foi do galés Robert Recorde.
Recorde usou por primeira vez o signo = (máis longo do que hoxe coñecemos) nunha publicación de 1557. Morreu un ano despois, polo que estivo lonxe de ver popularizada a súa creación. Isto non ocorreu ata o século seguinte.
Ademais de matemático, como moitos/as descubristes, tamén foi médico da Casa Real.
A continuación tes o novo enigma de hoxe. Lembra deixar a túa resposta na Aula Virtual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario