Estamos rematando o curso e imos recordar algunhas das actividades realizadas que aínda non pasaron por este noso blog.
Desta volta tócalle a unha actividade realizada nas clases de Plástica polo alumnado de 4º da ESO.
O proxecto consistiu na realización de esculturas e composicións con corpos volumétricos (poliedros, cilindros e conos) partindo dos desenvolvementos en cartolina.
O alumnado achegouse á xeometría a través da arte e obtiveron resultados impresionantes.
Ao longo destas últimas semanas seguiremos contándovos todo o realizado durante o curso que pronto despediremos.
Seguide atent@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario