24 de abril de 2022

Palitroques

 

A primeiros de mes o alumnado de 4º da ESO puido participar no obradoiro de arquitectura e xeometría aplicada "Palitroques".

 

 

A nosa biblioteca converteuse, por unha tarde, nun taller de construción no que os nosos rapaces e rapazas manipularon e aprenderon, entre outras cousas, a importancia do triángulo.

 
Comezaron pola construción de cubos e pirámides sinxelas que foron evolucionando ata se converteren en vellos coñecidos: algúns dos sólidos platónicos.

E seguiron medrando durante un tempo para se faceren maiores. 

Conseguiron unha resistente ponte ferroviaria que, de tan longa, case chegaba ao teito!!

 

 

 

 

Aquí os tendes cos resultados do seu traballo en pequeno grupo.


E non quedou aí a cousa. Despois pasaron a traballar todos xuntos para a última construción: a Cúpula Xeodésica.

De novo o traballo comezou aos poucos

 

ata chegar ao impresionante resultado final.


O resultado final non foron só unhas construcións preciosas, senón unha tarde entretida de traballo colaborativo e aprendizaxe activa.

Grazas a todas e todos os participantes pola vosa implicación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario