1 de enero de 2022

Calendario para Aninovo

Mudamos de ano, pero seguimos aquí.

Unha vez pasado o troco de ano toca cambiar o calendario para medir os días deste 2022 que estreamos. Medir, que cousa tan matemática!

Desde Matematicuz presentámosvos varias propostas (de balde) para imprimir e terdes o voso propio calendario. Ata podedes imprimir cada mes de calendarios distintos, segundo vos gusten. Mellor imposible!

Calendario de mulleres de fundaron a astrofísica nuclear

  • Calendario de mulleres que fundaron a astrofísica nuclear. Podedes descargalo desde a páxina da ChETEC en 17 linguas diferentes (tamén galego).
  • Calendario Mulleres do Pasado. Por quinto ano consecutivo o proxecto PastWomen agasállanos con este precioso calendario de Historia. Podes descargalo na páxina do proxecto en galego, castelán, catalán ou éuscaro.
  •  Calendario Tempo de Mulleres, Mulleres no Tempo. Este ano dedicado ás Mulleres no Cinema. Para descargar en galego, castelán, asturianu, ...

  • Calendario de Don Pardino. Na páxina do Profesor don Pardino tendes este agasallo de calendario con consellos ortográficos da lingua castelá.

Non dubidedes en ampliar esta listaxe coas vosas propostas nos comentarios.


No hay comentarios:

Publicar un comentario