20 de diciembre de 2021

Calendario de Advento. Día 21.

Finalmente hoxe despedimos o noso concurso. 

Grazas a todas e todos pola vosa participación neste primeiro concurso Matematicuz. 
Despois da amorosa curva de onte, que se chama Cardioide pola súa semellanza co músculo cardiaco, hoxe despedimos este Calendario de Advento con flores, flores eternas que non murchan, da man dunha artista da xeometría floral. Deixade as vosas últimas respostas na Aula Virtual.


Á volta das vacacións teremos o nome da persoa ou persoas gañadoras. 
Sorte a todas e todos os que participastes nestas últimas semanas.
E boas vacacións. Agardámosvos á volta con máis matemáticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario